Bewise Inc. www.tool-tool.com Reference source from the internet.
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
General |
Nome, símbolo, número |
Magnesio, Mg, 12 |
Serie química |
Metais alcalinotérreos |
Grupo, periodo, bloque |
elementos do grupo 2|2, elementos do periodo 3|3 , elementos do bloque s|s |
Densidade, dureza Mohs |
1738 kg/m³, 2,5 |
Aparencia |
Blanco prateado
|
Propiedades atómicas |
Peso atómico |
24,305 uma |
Radio medio† |
150 pm |
Radio atómico calculado |
145 pm |
Radio covalente |
130 pm |
Radio de Van der Waals |
173 pm |
Configuración electrónica |
[Ne]3s2 |
Estados de oxidación (óxido) |
2 (base forte) |
Estrutura cristalina |
Hexagonal |
Propiedades físicas |
Estado da materia |
sólido (paramagnético) |
Punto de fusión |
923 K |
Punto de ebulición |
1363 K |
Entalpía de vaporización |
127,4 kJ/mol |
Entalpía de fusión |
8,954 kJ/mol |
Presión de vapor |
361 Pa a 923 K |
Velocidade do son |
4602 m/s a 293,15 K |
Información diversa |
Electronegatividade |
1,31 (Pauling) |
Calor específica |
1020 J/(kg·K) |
Condutividade eléctrica |
22,6x106/m Ω |
Condutividade térmica |
156 W/(m·K) |
1º potencial de ionización |
737,7 kJ/mol |
2º potencial de ionización |
1450,7 kJ/mol |
3º potencial de ionización |
7732,7 kJ/mol |
Isótopos máis estables |
|
Valores no SI e en condiciones normais
(0 ºC e 1 atm), salvo que se indique o contrario.
†Calculado a partir de distintas lonxitudes
de enlace covalente, metálico ou iónico. |
O magnesio é o elemento químico de símbolo Mg e número atómico 12. É o sétimo elemento en abundancia constituíndo da orde do 2% da cortiza terrestre e o terceiro máis abundante disolto na auga de mar. Emprégase primordialmente como elemento de aliaxe.
[editar] Principais características
O magnesio é un metal bastante resistente e lixeiro, un 30% máis lixeiro có aluminio, de cor prateada que perde o brillo cando se expón ao aire. Pulverizado inflámase cando se expón ao aire ardendo cunha chama branca. En anacos maiores é difícil que se inflame pero pode suceder se se curta en láminas delgadas, polo que no mecanizado as labras han de manexarse con precaución.
[editar] Aplicacións
Os compostos de magnesio, principalmente o seu óxido, úsanse como material refractario en fornos para a produción de ferro e aceiro, metais non férreos, cristal e cemento, así como en agricultura e industrias química e de construción.
O uso principal do metal é como elemento de aliaxe do aluminio, empregándose as aliaxes aluminio-magnesio en envases de bebidas. As aliaxes de magnesio, especialmente magnesio-aluminio, empréganse en compoñentes de automóbiles, como lamias, e en maquinaria diversa. O metal ademais, adiciónase para eliminar o xofre do aceiro e o ferro. Outros usos son:
- Aditivo en propelentes convencionais.
- Obtención de fundición nodular (ferro-silicio-Mg) xa que é un axente esfirilizante/nodulizante do grafito.
- Axente redutor na obtención de uranio e outros metais a partir das súas sales.
- O hidróxido (leite de magnesia), o cloruro, o sulfato (sales Epsom) e o citrato empréganse en medicina.
- O po de carbonato de magnesio (MgCOu3) é utilizado polos atletas como ximnastas e levantadores de peso para mellorar o agarre dos obxectos.
- Outros usos inclúen flashes fotográficos, pirotecnia e bombas incendiarias.
[editar] Papel biolóxico
O magnesio é importante para a vida, tanto animal como vexetal. A clorofila é unha substancia complexa de porfirina-magnesio que intervén na fotosíntese.
É un elemento químico esencial para o home; a maior parte do magnesio atópase nos ósos e os seus ións desempeñan papeis de importancia na actividade de moitas coenzimas e en reaccións que dependen do ATP. Tamén exerce un papel estrutural, o ión de Mg2 ten unha función estabilizadora da estrutura de cadeas de ADN e ARN.
En función do peso e a altura, a cantidade diaria recomendada é de 300-350 mg, cantidade que pode obterse doadamente xa que se atopa na maioría dos alimentos, sendo as follas verdes das hortalizas especialmente ricas en magnesio.
O nome procede de magnesia, que en grego designaba unha rexión de Tesalia. O inglés Joseph Black, recoñeceu o magnesio como un elemento químico en 1755, en 1808 Sir Humphrey Davey obtivo metal puro mediante electrólise dunha mestura de magnesia e HgOu
[editar] Abundancia e obtención
O magnesio é o sétimo elemento máis abundante na codia terrestre, así a todo non se atopa libre, aínda que entra na composición de máis de 60 minerais, sendo os máis importantes industrialmente os depósitos de dolomía, magnesita, brucita, carnalita e olivino.
Nos EEUU o metal obtense principalmente por electrólise do cloruro de magnesio, método que xa empregara Bunsen, obtido de salmoiras e auga de mar.
O magnesio-26 é un isótopo estable que se emprega na datación xeolóxica, do mesmo xeito có [[Aluminio (elemento)|aluminio]-26, do que é fillo. Nas inclusións ricas en calcio e aluminio (CAI en inglés) dalgúns meteoritos, os obxectos máis antigos do sistema solar, atopáronse cantidades de Mg-26 maiores das esperadas que se atribúen ao decaemento do Al-26. Estes obxectos, cando se desprenderon en etapas temperás da formación dos planetas e asteroides non sufriron os procesos xeolóxicos que fan desaparecer as estruturas condríticas (formadas a partir das inclusións) e xa que logo gardan información sobre a idade do sistema solar.
Nos estudos comparáronse os ratios Mg-26/Mg-24 e Ao-27/Mg-24, para determinar así, de forma indirecta, a relación Ao-26/Ao-27 inicial da mostra no momento en que esta se separou das rexións de po da nébula presolar a partir da que se formou o noso sistema solar.
[editar] Precaucións
O magnesio é extremadamente inflamable, especialmente se está pulverizado. Reacciona exotérmica e rapidamente en contacto con aire ou auga polo que debe manipularse con precaución. O lume, de producirse, non se deberá intentar apagar con auga.
[editar] Referencias exteriores
BW Bewise Inc. Willy Chen willy@tool-tool.com bw@tool-tool.com www.tool-tool.com skype:willy_chen_bw mobile:0937-618-190 Head &Administration Office No.13,Shiang Shang 2nd St., West Chiu Taichung,Taiwan 40356 TEL:+886 4 24710048 / FAX:+886 4 2471 4839 N.Branch 5F,No.460,Fu Shin North Rd.,Taipei,Taiwan S.Branch No.24,Sec.1,Chia Pu East Rd.,Taipao City,Chiayi Hsien,Taiwan
Welcome to BW tool world! We are an experienced tool maker specialized in cutting tools. We focus on what you need and endeavor to research the best cutter to satisfy users’ demand. Our customers involve wide range of industries, like mold & die, aerospace, electronic, machinery, etc. We are professional expert in cutting field. We would like to solve every problem from you. Please feel free to contact us, its our pleasure to serve for you. BW product including: cutting tool、aerospace tool .HSS Cutting tool、Carbide end mills、Carbide cutting tool、NAS Cutting tool、Carbide end mill、Aerospace cutting tool、Фрезеры’Carbide drill、High speed steel、Milling cutter、Core drill、Tapered end mills、Metric end mills、Miniature end mills、Специальные режущие инструменты ‘Пустотелое сверло ‘Pilot reamer、Fraises’Fresas con mango’Frese’Electronics cutter、Step drill、Metal cutting saw、Double margin drill、Gun barrel、Angle milling cutter、Carbide burrs、Carbide tipped cutter、Chamfering tool、IC card engraving cutter、Side cutter、NAS tool、DIN tool、Special tool、Metal slitting saws、Shell end mills、Side and face milling cutters、Side chip clearance saws、Long end mills、Stub roughing end mills、Dovetail milling cutters、Carbide slot drills、Carbide torus cutters、Angel carbide end mills、Carbide torus cutters、Carbide ball-nosed slot drills、Mould cutter、Tool manufacturer.
Bewise Inc. www.tool-tool.com